luns, 23 de abril de 2018

O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO


Bibliotráiler do libro O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville. Recomendo este libro porque trata unha historia de intriga e misterio.



domingo, 22 de abril de 2018

O JUAN MANUEL


O JUAN MANUEL



O Juan Manuel” é un mozo da vila de Maceda é alto e algo forte duns corenta anos. Sempre anda coa súa bicicleta tuneada, pois leva unha radio, e ata lle ten chaves, coma se dunha moto se tratara; ata leva casco.
No entroido garda civil é, e na rúa principal da vila se planta a dirixir o tráfico. Pero non só foi no entroido, nunha longa ponte festiva quixo dirixilo, aínda que a xente da vila sabía quen era, os forasteiros paraban e facíanlle caso ás súas instrucións. Todos e todas rían e rían vendo tal situación. Cando seu irmán, que é garda civil, o soubo, foi buscalo. Pero a xente segue rindo e rindo co “O Juan Manuel”.

mércores, 22 de novembro de 2017

ASÍ SON EU: COMO ME VEN


Jorge e un rapaz que fai moito deporte, él ve os partidos de fútbol con amigos xa que o pasa moi ben, sempre está feliz e adora os animais sobre todo os cans. Pasa moito tempo con toda a súa familia xa que entre todos pásano moi ben. Pasa tempo xogando a videoxogos con todos os seus amigos e di que a el lle pasa o tempo voando xa que o pasa moi ben.
Juan (tío)
        Jorge é un rapaz ao que lle custa madrugar, sempre está feliz e pasa moito tempo cos seus amigos. Non lle gustan nada as matemáticas xa que non se lle dan moi ben. Fai moitas loucuras durante o día, sempre me fai rir coas súas bromas. Case sempre bebe cocacola cando saímos a dar unha volta por o pobo.

Tania

mércores, 25 de outubro de 2017

ASÍ SON EU

A SI SON EU

GÚSTAME
            A froita, xogar ao pádel, practicar fútbol, facer deporte, andar en bici, ver carreiras de coches, viaxar, saír cos amigos, as persoas sinceras, axudar ás persoas cando están tristes, escoitar música, a informática, xogar a videoxogos, as vacacións de verán, as películas de comedia, os gatos, os cabalos, os cans, ver partidos de fútbol, os coches, as motos, descubrir cousas novas…
NON ME GUSTA
    As matemáticas, a física e química, ir a clases, as arañas, as serpes, o baloncesto, o golf, o tenis, as persoas que menten, as persoas que son engreídas, o inverno, o frío, a choiva, debuxar, os debuxos animados, as verduras, levantarme pronto, ver ximnasia rítmica, a bioloxía, as películas de medo, as películas amorosas…

MARÍA VICTORIA MORENO